jueves, 13 de diciembre de 2007

BAENVIDOS O COMEZO DO TEMA "COMPOST":


BEN, HOXE,UNHA PEQUENA INICIACIÓN DO TEMA:


Espero que non vos quede ningunha duda:


1. ¿QUÉ É A COMPOSTAXE?
O compostaxe ou “composting” é o proceso biolóxico aeróbico, mediante o cal os microorganismos actúan sobre a materia rápidamente biodegradable (restos de colleita, excrementos de animais e residuos urbanos), permitindo obter "compost", abono excelente para a agricultura.O compost ou mantillo se pode definir como o resultado dun proceso de humificación da materia orgánica, baixo condicións controladas e en ausencia de chan.O compost é un nutrinte para o solo que mellora a estructura e axuda a reducir a erosión e á absorción de auga e nutrintes por parte das plantas.



2. PROPIEDADES DO COMPOST.


Mellora as propiedades físicas do solo. A materia orgánica favorece a estabilidade da estructura dos agregados do solo agrícola, reduce a densidade aparente, aumenta a porosidade e permeabilidade, e aumenta a súa capacidade de retención de auga no chan. Se obten solos máis esponxosos e con maior retención de auga.
Mellora as propiedades químicas. Aumenta o contido en macronutrintes N, P,K, e micronutrintes, a capacidade de intercambio catiónico (C.I.C.) e é fonte e almacén de nutrintes para os cultivos.
Mellora a actividade biolóxica do solo. Actúa como soporte e alimento dos microorganismos xa que viven a expensas do humus e contribuen a súa mineralización.
A población microbiana é un indicador da fertilidade do solo.



3. AS MATERIAS PRIMAS DO COMPOST.
Para a elaboración do compost se pode emplear calquera materia orgánica, ca condición de que non se encontre contaminada. Xeralmente estas materias primas proceden de:
Restos de colleitas. Poden emplearse para facer compost ou como acolchado. Os restos vexetais xóvenes como follas, frutos, tubérculos, etc son ricos en nitróxeno e pobres en carbono. Os restos vexetais máis adultos como troncos, ramas, tallos, etc son menos ricos en nitróxeno.
Abonos verdes, segas de césped, malas herbas, etc.
As ramas de poda dos frutais. É preciso trituralas antes da súa incorporación ó compost, xa que con trozos grandes o tempo de descomposición se alarga.
Follas. Poden tardar de 6 meses a dous anos en descompoñerse, polo que se recomenda mezclalas en pequenas cantidades con otros materiais.
Restos urbanos. Se refire a todos aquelos restos orgánicos procedentes de las cocinas como poden ser restos de fruta e hortalizas, restos de animais de matadeiros, etc.
Estérco animal. Destaca o esterco de vaca, anque outros de gran interese son a galiñaza, conexina o sirle, esterco de cabalo, de ovella e os puríns.
Complementos minerais. Son necesarios para correxir as carencias de certas terras. Destacan as enmendas calizas e magnésicas, os fosfatos naturais, as rocas ricas en potasio e oligoelementos e as rocas silíceas trituradas en polvo.
Plantas mariñas. Anualmente se recollen nas plaias grandes cantidades de fanerógamas mariñas como Posidonia oceánica, que poden emplearse como materia prima para a fabricación de compost xa que son compostos ricos en N, P, C, oligoelementos e biocompostos cuio aprovetamento en agricultura como fertilizante verde pode ser de gran interese.
Algas. Tamén poden emplearse numerosas especies de algas mariñas, ricas en axentes antibacterianos e antifúnxicos e fertilizantes para a fabricación de compost.

No hay comentarios: