lunes, 17 de diciembre de 2007

ben se non vos quedou claro toda relación da compostaxe, atendede a esta información:

1-O SOLO E A SUA MATÉRIA ORGÁNICA. O solo é o resultado da interacción do clima, e dos seres vivos sobre omaterial xeolóxico da terra. Está composto de material xeolóxico disgregado(terra), matéria orgánica en descomposición, aire, auga e unha miríada de seresvivos (insectos, raices das plantas, fungos vermes, bactérias, etc). Estes elementos están intimamente misturados entre si, formando un sistema queevoluciona cara unha maior complexidade, puidendo sufrir episódios regresivoscomo: erosión, falta de nutrintes, contaminación, etc. A matéria orgánica do solo aparece en porcentaxes moi variables e ten grandeimportáncia na mellora das suas propiedades físicas e químicas para odesenvolvemento das plantas. Está composta por restos de plantas e de animais. Amatéria orgánica é consumida polos organismos detrictívoros que a utilizan paraobter matéria e enerxia. O humus constitue o 85-90% do total da matéria orgánica do solo. Forma-se porun proceso no que teñen lugar unha complexa série de reaccións químicas. As suasprincipais propiedades e funcións son:-Favorece a absorción dos raios solares debido á sua cor escura e polo tantoprovoca un aumento da temperatura.-Favorece a aireación e a drenaxe da terra ao misturar-se con arxilas e formaragregados que melloran a estructura do solo.-Retén a humidade actuando como unha esponxa. Polo tanto prevén a erosión.-Mellora e aumenta a dispoñibilidade dos nutrintes. Retén os distintos nutrintes(Mg, Ca, K, Na, etc) por atraccións electrostáticas. É dicir, aumenta acapacidade de cámbio dos solos.-Sirve de soporte a multitude de microorganismos. A sua actividade proporcionaás plantas parte dos nutrintes que necesitan.2-¿QUE É O COMPOST?. A palabra compost provén da latina componere, que significa reunión. É dicir,que fai referéncia ao conxunto de restos orgánicos que sufren un proceso defermentación. Teñen unha cor marrón escura como a da turba que se vende enxardineria. O compost madurado e seco é estable despois do proceso de fermentación, ata quese reincorpora de novo ao solo. O compost está composto esencialmente pormatéria orgánica e nutrintes como N, P, K e outros oligoelementos necesáriospara as plantas como Fe, Mn, Zn, B, Mb, Cu, etc. A actividade biolóxica do solo ve-se favorecida porque contén , o compost, unhacantidade considerable de microorganismos que sintetizan vitaminas, hormonas,etc. O compost aumenta a Capacidade de Intercámbio Catiónico do solo (CIC),contribue a estabilizar a estructura dos seus agregados aumentando a capacidadede retención de auga a mellorando a porosidade e infiltración desta no solo.Reduce pois, a escorrentia superficial evitando deste xeito a erosión.3-O PROCESO DA COMPOSTAXE. É un proceso bioquímico aeróbio realizado principalmente por bactérias efungos, e en menor medida por actinomicetos e outros microorganismos. Taménpoden realizala macroinvertebrados como as miñocas, en tal caso falaremos devermicompostaxe. A compostaxe é unha versión acelerada de fermentación que se produce nafollasca dos bosques de xeito natural. Para que se forme compost é necesáriaunha masa crítica e unhas determinadas condicións de aireación e humidade. A compostaxe consta das seguintes fases:1-Fase de laténcia e crecemento: Os microorganismos adaptan-se ao novo médio ecomezan a multiplicar-se. Esta fase dura de 2 a 4 dias e ao final acadan-setemperaturas que poden superar os 50 ºC.2-Fase termófila: Os microorganismos mesófilos van sendo substituidos por outrostermófilos. A temperatura situa-se entre 50-70 ºC polo que os microorganismospatóxenos, larvas, e sementes precen por estrés térmico. Este proceso pode durar entre unha semana e dous meses según se trate desistemas acelerados ou de fermentación lenta. Debe vixiar-se nesta fase tantounha correcta pasterurización como unha excesiva mineralización.3-Fase de maduración: É un periodo de fermentación lenta. Os microorganismostermófilos diminuen e aparecen outros como os fungos (os basidiomicetos degradana lignina, os actinomicetos a celulosa, etc). Nesta fase a partir de compoñentes orgánicas sintetizan-se colóides húmicos,hormonas vitaminas, antibióticos e outros compostos que favorecerán odesenvolvemento vexetal. Se a fermentación ten lugar por riba do nível da terrapoden penetrar miñocas na masa , o que acelera o proceso.4-A RELACCIÓN CARBONO/NITRÓXENO E OUTROS PARÁMETROS. o Carbono e o Nitróxeno son dous elementos esenciais para a nutrición decalquera organismo e deben subministrar-se nunha proporción axeitada para unhaboa fermentación. Se os resíduos que dispomos teñen demasiado C o proceso de fermentación serálento e as temperaturas non subirán suficientemente e perdera-se o exceso de Cen forma de dióxido de carbono. Se polo contrário os resíduos teñen demasiado N produciran-se perdas desteelemento en forma de amoníaco (NH3). Os valores óptimos de C/N deben estar entre 25 e 35 para que poida dar-se unhaboa fermentación. Durante o proceso da fermentación producen-se perdas deCarbono en forma de CO2, polo que a relacción C/N irá diminuindo ata acadar unvalor entre 12 e 18. Se o valor final é inferior supon-se que o compost semineralizou excesivamente e se é moi alto indica que non se descompuxosuficientemente. É importante o tamaño de partícula do material de partida. Un tamaño pequeñosupón maior superfície de ataque e polo tanto fermentacións máis rápidas ehomoxéneas. Se o tamaño das partículas é excesivamente pequeño pode compactar-sedemasiado a matéria orgánica e impedir unha correcta aitreación. A aireación é necesária para que a fermentación que teña lugar sexa aeróbia. Sese produce unha fermentación anaeróbia ocasionan-se sensibles perdas de Carbonoe Nitróxeno e poden producir-se malos cheiros e baixas temperaturas. A humidade óptima inicial é do 50% en peso, ao final deberá baixar ata un30-40%. a falta de humidade reduce a actividade microbiana e baixará atemperatura e paralizara-se a fermentación. Se a humidade é excesiva podeprovocar fermentacións aneróbias porque dificulta a difusión do aire. O pH xa é un factor de importáncia secundária xeralmente é lixeiramente ácidoao princípio (preto de 6), neutro cara a metade do proceso e levemente alcalinoao final . Os valores alcalinos (7 ou 8) poden provocar perdas de N en forma deamoníaco.5-SISTEMAS DE COMPOSTAXE.Podemos clasificar os distintos sistemas de compostaxe según o volume domaterial que queiramos compostar e o tipo dos materiais compostables. En canto ao volume do material, podemos dispor de apenas uns poucos Kgs ao diaata centos de toneladas de matéria orgánica, no caso dos xestores de resíduosmunicipais. Para realizar a compostaxe das pequenas cantidades de matéria orgánica que seproducen no fogar, podemos realizar autocompostaxe usando para isto unscompostadores caseiros que se poden instalar no xardín ou na horta da casa. Senon dispomos de xardín ou horta ou un espazo similar onde poidamos depositar ocompost, ou se non temos tempo de efectuar estas experiéncias de autocompostaxeentón o que facemos é darlle a matéria orgánica ao xestor de resíduos do nosoconcello. Para grandes cantidades de resíduos orgánicos existen unhas instalaciónsdenominadas “plantas de compostaxe” que son capaces de producir grandescantidades de compost de xeito industrial e optimizando todos os procesos e otempo necesário para producir o compost. Estas plantas poden estar totalmenteautomatizadas co que se quere asegurar que o compost obtido teña a máximacalidade. Existen plantas de compostaxe de moi variada tecnoloxia e funcionamento. Podencompostar-se directamente os Resíduos Sólidos Urbáns sen separar a matériaorgánica do resto das compoñentes do lixo. A tendéncia xeral en Europaorienta-se cara a producción dun compost de calidade, só composto de materiaisfermentables. Polo tanto, se separamos a matéria orgánica , no noso fogar, doresto dos resíduos, obtemos un compost axeitado para moi diversos usos como:xardineria, agricultura, recuperación de solos erosionados e incluso pode serusado como acondicionador do solo en plantacións forestais. Actualmente tanto a lexislación da Unión Europea como a do estado españolpriman a compostaxe industrial con separación no fogar, sobre a compostaxeindustrial coñecida como “todo un”. En Galiza nestes intres xa se estáconstruindo unha planta de compostaxe, con separación no fogar, na cidade daCoruña que atenderá a unha povoación de preto de 250.000 habitantes. Outraplanta de similares características está en proxecto, abrangueria parte dascomarcas do Barbanza e de Muros-Noia. En fase de estudo prévio, tamén plantas decompostaxe con separación, están os governos municipais das cidades de Santiagode Compostela, Vigo, Pontevedra, Ferrol e Lugo. Na cooperativa Terra optamos, en princípio pola elaboración do noso própriocompost a partir de restos vexetais (autocompostaxe), así como pola elaboraciónde compost mediante miñocas (Vermicompostaxe).6-A AUTOCOMPOSTAXE. A compostaxe xa era practicada na Antigüidade. Dende hai miles de anos oschineses recolleron e compostaron todas as matérias dos seus xardíns, leiras ecasas.Despois da 2ª Guerra Mundial descubren-se os abonos químicos e comeza a suautilización acompañada da mecanización das actividades agrárias e do uso depesticidas.Recentemente este modelo de producción agrícola intensivo ten-se revelado como“non sostible”. Se dispomos dun pequeño espazo no xardín ou na horta da nosa casa podemosautocompostar os nosos resíduos e obter así un excelente acondicionador para osolo que as nosas plantas de seguro agradecerán. Para que poidamos realizarautocompostaxe podemos facer pilas de resíduos ou ben depositar os mesmos nunsinxelo compostador caseiro, isto último é preferible para facilitar adescomposición da matéria orgánica e protexer á pila da desecación e do excesode humidade. Tamén podemos protexer as pilas cunha manta vella ou sacos de tela. En canto ao tipo de materiais e colocación dos mesmos debemos ter en conta quepara elaborar o compost temos dous tipos de materiais. Por unha banda osmateriais húmidos, ricos en nutrintes como o Nitróxeno. Son os restos deverduras, cascas dos ovos, pousos do café . Por outra banda interveñen materiais secos que son ricos en Carbono. Son aspólas de árbores e arbustos, follas secas, serrín, viruta e palla. E necesárioesnacar as pólas en fragmentos inferiores a 10 cm para facilitar a suadegradación.Cousas a ter en conta durante a autocompostaxe:Fase termófila: Se o compost está demasiado pegañento e brillante é que tendemasiada humidade. Nesta situación o exceso de auga despraza ao aire ,necesário para a vida dos fungos , invertebrados e bactérias aeróbias. Se chegana desenvolver-se bactérias anaeróbias poden dar-se malos cheiros. Parasolucionar isto é preciso voltear e airear o compost e quizais engadirllemateriais secos. Tamén pode dar-se o caso contrário ao anterior, cando o compost ten un aspectopálido e decolorado tal vez está demasiado seco. Isto pode provocar aparalización do proceso da compostaxe. Neste caso hai que voltear e humedecer apila do compost. Estes problemas expostos fan que nos decatemos da grande importáncia derealizar correctamente a colocación e as cantidades oportunas de materia húmidae seca.Fase de maduración: Nesta fase o interior da pila de compost está a entre 20-30ºC. Esta é unha temperatura ideal para que os fungos e os invertebrados cheguená pila de compost e se multipliquen . Hai que voltear a pila de compost polomenos unha vez cada dous meses o que ocasionará o conseguinte aumento detemperatura. O volteo tamén se realiza para que se vaian descompoñendo mellor oslaterais da pila que xeralmente tardan máis en degradar-se. O compost está maduro cando emite un agradable arrecendo a terra de bosque epresenta unha estructura en agregados de cor marrón. A maioria das miñocas teránabandoado nestes intres o compost por falta de alimento.11 Regras para elaborar un bo compost.1-Non soterrar nunca o material nun burato, xa que non recibe aire e produce-seputrefacción e fedor.2-Non usar xamais un recipiente pechado por todos os lados pois impide aventilación.3-Non facer a pila sobre unha base pavimentada. Necesita estar en contacto coaterra e os seus seres vivos.4-Poñer material groso na base da pila ata uns 20 cm de altura. Colocar enribamaterial máis fino. Se se engade céspede que sexa moi desmiuzado e murcho.Coidado ¡Pode haber perigo de podrémia!.5-Esparexir terra de horta ou algas para favorecer a descomposición.6-Os refugallos da cociña cubren-se sempre con terra para evitar a aparición deanimais (cans, gatos,etc).7-Evitar a desecación total da pila. Os microorganismos necesitan humidade.8-Procurar que a pila non estea demasiado húmida pois non estaria ben aireada eaparecerian os fedores e a podrémia.9-As cascas de cebola, os ceboliños, e os pousos de té ou café son ideais paraaumentar o número de miñocas.10-Mediante a mistura de partes verdes, leñosas e estercos pode lograr-se unproporción axeitada de Carbono/Nitróxeno, a relacción ideal é de 25-35.11-Cubrir a pila con follas, palla, sacos de tela ou outros para fomentar oquecemento da pila e evitar a perda de Nitróxeno. Non empregar plásticos porqueimpiden a aireación da pila.7-A VERMICOMPOSTAXE. A vermicompostaxe é un proceso de fabricación do compost no que as miñocasprocesan a matéria orgánica para transformala en humus. As miñocas utilizan a matéria orgánica para a sua alimentación, asimilandarredor dun 40 % do que inxiren, namentres que o 60% restante é transformado enhumus. O humus de miñoca é un producto da dixestión destes animais. É un producto moiestable, imputrescible e non fermentable cun aspecto final semellante ao dospousos do café. Este humus ten unha altísima carga microbiana, o que protexe ás raices dasplantas doutras bactérias patóxenas e de nemátodos. Ademais dispón de grancantidade de oligoelementos e hormonas como o ácido Indol Acético (AIA) ou asXiberelinas que facilitan o crecemento das plantas.8-¿QUÉ TIPO DE RESÍDUOS SE DEBEN AUTOCOMPOSTAR?.A.Rápida descomposición.-Follas frescas.-Restos da sega do céspede.-Esterco de aves de curral.-Esterco de ovellas e cabras.-Restos vexetais non leñosos.B.Descomposición máis lenta.-Restos de froitas e verduras.-Bolsas de té e pousos do café.-Palla e herba fermentada.-Estercos pallizos (cabalos e burros).-Flores vellas e plantas.-Desbroces de setos xóvenes.-Vexetais brandos.-Matogueiras perennes.-Restos das gaiolas de coellos, hamsters...C.Descomposición moi lenta.-Follas do outono.-Desbroces de setos duros.-Pólas podadas.-Serrín e virutas.D.Outros materiais.-Cinza de madeira.-Cartón.-Toalllas, bolsas, envases (todo de papel).-Tubos de cartón e cáixas dos ovos.E.Mellor evitar.-Restos de carne e pescado.-Xornais.F.NON UTILIZAR.-Cinza de carbón e de coque.-Excrementos de cans ou gatos.-Pañais desbotables.-Revistas ilustradas.

No hay comentarios: